Presentación II Festival Campus Auga

Diversión, deporte e solidariedade

Este luns no Edificio de Ferro, Mónica Villanueva, directora de área do campus de Ourense, Susana Reboreda, vicepresidenta do Club Natación Escualos Campus Auga e tamén vicerreitora de Extensión Universitaria da UVigo, e Fernando Troncoso, presidente do Club Natación Escualos Campus Auga, presentarón o que será o II Festival Campuns Auga.

Terá lugar o vindeiro sábado 16 de decembro, ás 16.00 h, na piscina universitaria do campus de Ourense, Be One As Lagoas. Aínda que esta especialmente enfocado á comunidade universitaria, a cita está aberta á participación de todas as persoas interesadas. Ao igual que na súa primeira edición, terá un carácter solidario tendo como requisito para participar, levar o día do certame alimentos non perecedoiros que serán entregados ao Banco de Alimentos de Ourense.


REGLAMENTOS FESTIVAL CAMPUS AGUA

Participantes

O Festival de natación Campus Auga está aberto a tódalas persoas maiores de 18 anos sexan ou non universitarias e dispoñan ou non de licenza federativa.

Categorías

Establécense as seguintes categorías para as diferentes clasificacións.

    • Sénior (nados despois do 1 de xaneiro de 1988)

    • Máster (nados ata o 31 de decembro de 1987)

    • Membro da Universidade de Vigo

Probas

Disputaránse as seguintes probas en formato contrareloxio, sen distinción de categorías:

    1. 50m libres

    1. 50m braza

    1. 50m costas

    1. 50m bolboreta

    1. 100m estilos

Ademáis, terá lugar unha proba de remudas 4x50m libres con caracter non competitivo. 

Cada nadador/a poderá participar en tódalas probas que considere.

Clasificacións

Realizarase unha clasificación masculina e feminina baseada na suma dos tempos das cinco probas individuais en cada unha das tres categorías.

Premios

Entregaránse medallas aos tres primeiros clasificados/as masculino e feminino de cada categoría ademáis de un trofeo ao mellor clasificado/a absoluto/a (incluíndo as categorías master e sénior) e ao mellor clasificado/a universitario/a.

Na categoría de universitari@s, os mellores clasificados masculino e feminino recibirán tamén unha bonificación de un mes de abono gratuíto ao complexo deportivo BeOne As Lagoas.

Os mellores nadadores absolutos, recibirán tamén un vale de compra en Bouso Intersport.

Na entrega de premios poderá requirirse algún documento que acredite a idade e/ou a condición de membro da Universidade de Vigo.

Para optar aos premios, será necesario participar nas 5 probas. 

Os premios non serán acumulativos.

Inscricións

As inscricións realizaranse a través do seguinte formulario antes das 23.59 horas do 12 de decembro de 2023.

O custo da inscrición é gratuíto. Non obstante, o día da competición, realizarase unha recollida en favor do banco de alimentos nas instalacións de BeOne As Lagoas. Cada participante deberá realizar algunha aportación.

Presentación II Festival Campus Auga 1
Esta páxina utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Para continuar neste sitio web, debes aceptar a nosa Política de privacidade e uso de cookies