Onte domingo, celebrouse o IV Campionato Galego Augas Abertas no que foi o retorno á actividade de competición.
O evento no que participaron máis de 320 nadadores pertencentes a 25 clubes galegos, disputouse no Encoro de Pontillón de Castro en Verducido (Pontevedra).
O Club Natación Escualos Campus Da Auga participou con 7 nadadores e acadou un meritorio noveno posto na clasificación de Clubes.
No Plano Individual destacar o título de Campeón Galego na categoría +45 para Jesús Carlos Quintas Barros e o terceiro posto para Josue Pazos Alonso na categoría +30.
Dende o clube, dar a noraboa ós sete participantes polo seu esforzo e inda máis tendo en conta a situación Actual.
Enlace ós resultados: https://championchipnorte.com/ resultados/iv-campeonato- gallego-de-aguas-abiertas/ 2000-metros-master/1