Campeonato Gallego Máster de invierno

Onte na piscina Alvaro Pino de Ponteareas finalizou o Campionato Gallego Master de Inverno con grandes resultados para o noso Club.

Conseguimos máis de 30 medallas cun total de 581 puntos que nos levaron á consecución da 4ª posición na clasificación conxunta. O equipo masculino acadou a 4ª praza con 428 puntos e o equipo feminino a 9ª posición con 133 . Moi meritoria xa que o equipo feminino acudía moi minguado polas baixas.

Un campionato con 30 clubs que se disputou en dúas xornadas debido á COVID. Na xornada do sábado competiron os nadadores menores de 45 anos e o domingo o maiores.

Resaltamos a extraordinaria organización por parte de CN Ponteareas que cada vez que organiza un campionato supérase,  parabéns!!!

Esta página utiliza cookies para mejorar la experiencia del usuario. Para continuar en este sitio web, debes aceptar nuestra Política de privacidad y uso de cookies